Inmigración, educación e vivenda
Galicia necesita inmigración, por interese propio. Porque a poboación en idade de traballar diminúe e porque hai ocupacións para as que xa non atopamos persoas. Exactamente igual que Suíza, Francia ou Alemaña necesitaron aos galegos hai sesenta anos. Convén lembralo de cando en vez.
Porén, hai que conxugar o verbo integrar, o que non significa borrar identidades, senón ser quen de compartir un espazo común. A experiencia doutros países europeos mostra o custo de permitir que se formen guetos, con escolas, barrios e dinámicas sociais separadas. Galicia debe ser unha sociedade aberta á........
