menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A importancia capital das universidades galegas

21 0
27.09.2026

Cando falamos das universidades, é habitual poñer o foco no seu impacto inmediato sobre as cidades que as acollen. Milleiros de estudantes, docentes e investigadores moven cada ano a demanda de vivenda, alimentación, transporte, ocio ou servizos profesionais. Santiago, A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol notarían de forma evidente a ausencia da actividade universitaria. Porén, desde unha perspectiva autonómica, estes efectos de demanda non son os máis importantes. Galicia non conta cunha proporción especialmente elevada de alumnado procedente do exterior, polo que boa parte deste gasto simplemente se despraza dentro do territorio.

O verdadeiramente decisivo está noutro eido, nos seus efectos sobre a oferta, sobre a capacidade produtiva da economía e sobre as posibilidades de progreso da sociedade e do país. E aquí adoita existir unha importante infravaloración colectiva. Nunha economía periférica como a galega, afastada dos grandes centros de decisión, as capacidades........

© La Opinión A Coruña