Un 16 de xuño de 1904, o rememorado ‘Bloomsday’ dublinés
Imagen James Joyce (de pé) e Oliver St. John Gogarty (sentado) no exterior do famoso bar The Oliver St. John Gogarty, ubicado no Temple Bar, en Dublín
Non vén mal, como conta a lenda que fixo Ith e Breogán dende o cabo do mundo da Galiza, mirar cara ao océano e buscar Irlanda e o panceltismo, como fixeron os nosos románticos.
E nesa espiral, que se di céltica, a que reporta a busca das orixes, da orixinalidade é de valorar a quen ten a habilidade do maxín para engrandecer cidades, aldeas, lugares con roteiros en relación coas súas xeniais creacións. E cavilamos no itinerario da novela A Esmorga de Blanco Amor por Ourense, ou na de Valle-Inclán, Luces de Bohemia, recorrido nocturno por Madrid, La Noche de Max Estrella... E máis puideramos argallar coas Memorias dun neno labrego de Neira Vilas polo Grés das ribeiras do Ulla; ou mesmo lembrando a película de Amenábar Mar adentro, polos lugares da vida, do parapléxico Ramón Sampedro.
Creacións que poñen a proba o poder de sedución, a capacidade de revalorizar sitios, o seu tempo, para amalos ou mesmo para odialos, segundo o argumentado. Algo que mesmo atopamos no Quixote, nas súas andanzas pola Mancha, igual que significaron para Rosalía de Castro as ribeiras do Sar. E cavilo no Moguer do Platero y yo de Juan Ramón Jiménez ou en Camilo José Cela na súa obra a Familia de Pascual Duarte, este, pola contra, destapando ambientes sórdidos, de incultura nos que medra a traxedia. A obra de Cezanne no devalar do provenzal Monte de Santa Victoria... o que fixo a banda musical The Beatles coa londinense Abbey Road ou en Liverpool...
No fondo do que vimos dicindo está a revolución creativa que supuxo nos anos que abrían ao modernismo a novela do escritor dublinés James Joyce, o Ulises. Obra que nace da ansia pretensiosa que non nega o seu autor, a de meterse na vangarda literaria, desexoso de ser entre os diferentes, de dar que dicir, e consígueo. Páxinas onde importa a rotura, a creatividade, a estética. Proba de que a arte nunca........
