Roubos e seguridade nos museos... Tamén nos galegos
Os museos, sancta santorum, necesarios complementos da educación e da cultura, agora entre as noticias de tantos tipos de delitos contra o patrimonio. Parte dun longo proceso de maduración, para seguir a ensinar os dentes, a depredar. Fracaso de filosofías, dunha educación, as que parecen quedar so na teoría, na prédica, esquecendo o cotián.
Confúndese a idea de museo con acumulación de cousas, convén enxergar e levar á praxe a definición acordada na Asemblea Extraordinaria do ICOM (Praga a 24 de agosto de 2022): un museo é una institución sen ánimo de lucro, permanente e ao servicio de la sociedade, que investiga, colecciona, conserva, interpreta e exhibe o patrimonio material e inmaterial. Abertos ao público, accesibles e inclusivos, que fomentan a diversidade e a sostibilidade. Contando coa participación das comunidades, os museos operan comunicando ética e profesionalidade, ofrecendo experiencias variadas para a educación,o lecer, a reflexión e o intercambio de coñecemento. Centros que deben contar con espazos e profesionais para a súa actividade, insistindo no que nos trae a aquí, a salvagarda, conservar, nos medios que garantan a entrega íntegra dos herdos ao futuro. Pois moitos dos nosos museos aínda seguen administrando limitados espazos históricos, postos a salvo tamén para este fin, castelos, mosteiros, pazos... Impropios á funcionalidade, á mobilidade e á seguridade, agás o Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, cavilado e feito para museo. E sempre faltará persoal de seguridade, que, día e noite controlen as cámaras, as alarmas, as salas. Algo no que se cavilou dende os desastres da Desamortización, cando o Estado crea Comisións de Monumentos, Academias, potencia Museos Nacionais e promove os provinciais, inicialmente xustificados por dotarse de medios.
Sala acourazada do Museo de Lugo. / LOC
A seguridade, sempre a perfeccionarse, norma fundamental dun museo
Para o montaxe expositivo e as cesións existe a posibilidade........
