menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Maio, mes para emborrachar os sentidos

9 0
07.05.2026

Maio, apoteose desa primavera que o sangue altera. Quinto mes do ano, mozo, rebelde, estoupando en barrocas sensacións que aproveita a relixión, a política, o comercio... Si o abril da Pascua abre entre nubeiros de pole e alerxias, a xeométrica harmonía primaveral terá o seu sitio e tempo apoteótico en maio, cando as flores deixan asomar os xermolos dos froitos, entre todas as gamas de verdes e esperanzas, cando os campos se cobren con mantos de margaridas e inzan todas as cores, as vermellas papoulas, as xestas marelas, brancas, mouras estraloques, fiúncho, a flor do bieiteiro... tamén coas súas propiedades medicinais, ramallos cos que se engalanan portas e xanelas. Algo do que ben saben nesa sedutora Provenza, tan de herdos célticos e grecolatinos, cultura floral da que hai moito que aprender.

Déixase escoitar entón o canto do cuco, o recochouchío dos paxaros que volven e aniñan, os chíos dos grilos... sobre o manto das floridas cerdeiras do Bierzo até as amendoeiras de Tras os Montes... ou de Gaza... Cores, recendos de vida, que atraen ás avellas, ás primeiras moscas, á couza. Mudas de renacer das que de antigo saben e celebra o hemisferio norte, tan celta como grecolatinizado. Certo que mentres quede unha rosa, quedan moitas esperanzas acendidas. Asuntos entre os que os estudosos deste tempo sempre terán de referente ao antropólogo escocés James George Frazer, autor de A rama Dourada (1890), obra trenzada entre a interacción de maxia, relixión, mitoloxía... e en Galiza sempre presente Vicente Risco.

Celebrado mes, o que, aínda sen o nome de maio dado por Roma, se perde a súa orixe cando o ser humano ten uso de razón, cando asume domesticalo todo, animais, plantas e a el mesmo autopóndose normas, no Neolítico. Cando enxerga a interacción dos Catro Elementos, Terra, Auga, Lume, Aire no agro, os que marcan as Catro Estacións. Compre pois celebralo.

O mundo prerromano, celta, con refuxio final no extremo occidente, nas fisterras atlánticas, celebrou neste tempo á divindade Beltaine, a que co outonal Samaín, noso tempo de defuntos e magostos,........

© La Opinión A Coruña