menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Compostela, eterna cerimonia e romaría, a que cada 25 de xullo celebra á Patria Galega

13 0
24.07.2026

1958 - Día da Patria Galega en Bonaval (Compostela) / Arquivo F. Senén

Compostela non so naceu para a oración, o estudo ou a filosofía, sempre será unha romaría internacional. A súa orixe prende na vocación de celebrar o encontro en festa e feira. Cidade baixo a advocación do Apóstolo Xacobe, curmán e íntimo de Cristo: no sitio que a lenda di ser o da aparición do seu sartego, meta pois da peregrinación. Sumando a algarabía xuvenil da estudiantina, a que celebra a cidade con rondallas e cancións espalladas polo mapamundi. Como cidade celta, tan propensa ao sacro dos templos como ao profano das súas tabernas, pois en ambas ben se sabe bendicir o pan, o viño e moito máis. A que ofreceu prazas e campos para o encontro, os mercados dos xoves que noutrora eran na Ferradura e que a ansia de intervencionismo da ilustración municipal foi enchendo de caprichos. Feira cabalar, expoñente e supervivencia do interese que o cabalo tivo na historia da cultura: a domesticación, o traballo, o transporte, a milicia, mesmo o bandoleirismo... Pois os equites galegos foron moi cotizados polos os romanos, como o foron tamén os cabaleiros medievais, señores de conquistas. Persistindo no pecado de facer da imaxe do patrucio Apóstolo un cabaleiro de capa e espada, conquistador, como un novo e esperado céltico Rei Arturo.

O Papa Calixto II - irmán de Raimundo, conde de Borgoña, casado con dona Urraca, filla de Alfonso VI e de Constanza de Borgoña, pai e nai de Alfonso VII - é o gran promotor de canto significa Compostela e a peregrinación: do Códice Calixtino, do Císter e do Temple, así como, no 1122 do Ano Xubilar Xacobeo, cando o día de Santiago cadra en domingo. Galiza é o reino do románico, de camiños que apuntan á luz gótica, á poesía, á orixe do Reino de Portugal.

Compostela a meta, a cidade que celebra os camiños, o encontro

Compostela ofrece festa cada xornada para quen chega en peregrinación e se pasma diante da celebración artística que ofrece........

© La Opinión A Coruña