menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

‘O Fornos’ da Coruña, a taberna mariña soñada por Lugrís

22 0
04.06.2026

Lugrís, poeta, pintor é creador de obras que son iconas da Galiza Atlántica. Mago que coas súas pinturas gustaba de abrir xanelas para mostrar a fartura do océano maior, preñado de formas, de mitos, de lendas, de periplos celtas... Creador de santuarios para acoller o espírito dos nosos vellos e sabios lobos de mar. Tabernas onde se conta e se canta.

Urbano Lugrís González coruñés, nacido baixo o muiñar dos estralampos do Faro de Breogán, un 28 xaneiro de 1908, para morrer o 23 do nadal do 1973. Do mesmo tempo que o pintor de Lalín, Laxeiro, tres anos máis vellos que Cunqueiro, creadores do seu propio mito, os que saben que navigare necesse est, vivere non est necesse. Náufragos asolagados na maxia da espiral céltica. Fillo de Manuel Lugrís Freire, precursor do proceso nacional galego e por nai a Purificación, irma do pintor Urbano González Varela, profesor de Picasso na Escola de Belas Artes da Coruña, pianista e mestra na Escola de Maxisterio da Coruña. Afillado do historiador Tettamancy, raiceiras pois de fonda cultura.

Estuda comercio en Compostela, logo en Madrid, onde se suma como renovador escenógrafo guiñolista ás Misións Pedagóxicas, xunto con Dieste, Lorca, Alberti...

sempre, moi achegado a Cunqueiro. Creador do Retablo de Fantoches coa compañía de Salvador Bertolozzi . Fundador da revista Bétema, a neboeira marítima. Liberal, bohemio do Carpe Diem que no 1940 casa con Paula Vadillo, a que di coñece no Museo do Prado, ante a Anunciación de Boticceli. Matrimonio do que nacerá Urbano Lugrís Vadillo, pintor seguidor do mesmo sentir atlántico.

A decoración de sitios, como santuarios... co espírito portuario, atlántico

Lugrís, grande e corpulento, como un atlante que escolle o pseudónimo literario de Ulises Fingal, en relación co heroe gaélico do poeta dos cemiterios e das baladas de Ossián, Mcphersón, inspirador de Pondal. Lugrís é fundador da revista Atlántida, páxinas nas que Mariano Tudela, González Garcés, Luz Pozo ou Avilés de Taramancos tanto significan.

Creador que, facendo parada e fonda........

© La Opinión A Coruña