menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Artigo de Daniel Domínguez, director de LA OPINIÓN: O Beiras

7 0
08.10.2026

Beiras, na súa casa, A Reboraina, en Brión. / Xoán Álvarez

Xosé Manuel Beiras encerraba en si múltiples universos e contradiccións, todo envolto nunha carisma insuperable na vida política galega. E reflectiu a súa poliédrica personalidade nun trío de nomes aplicados segundo o grao de confianza mantido co ‘señorito da Reboraina’, o fogar de Brión que sempre abriu a políticos, músicos e xornalistas, malia contar nesa casa con espazos reservados só aos seus máis íntimos.

Beiras era Beiras para case toda a sociedade -galega, española e internacional-, pero era Xose para aqueles máis queridos por el ou para os que eran unxidos cunha sorte de bendición deste rei monárquico da revolución nunha levada a cabo, ou, como dixo unha compañeira de facultade, “o mellor presidente que pudo ter Galicia”. Mais o intelectual de vida burguesa que clamaba consignas para defender aos indefensos e oprimidos, reservaba a terceira persoa para falar de si mesmo, como facía Maradona. Cando Beiras falaba de Beiras, referíase a “o Beiras”.

A Galicia de posguerra, o tardofranquismo, a Transición, o fraguismo, o nacemento do altermundismo, a fractura do nacionalismo galego, o nacemento da “nova esquerda” que derrubou o veto de alianzas entre o soberanismo e a esquerda federal… Todo o acontecido en Galicia e gran parte de España e do mundo pode relatarse a través da vida do........

© La Opinión A Coruña