menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Pintura e poesía ante o horizonte

18 0
09.09.2026

Manuel Torres e a súa pintura. Manuel Antonio e a súa poesía. Ambos coinciden na súa mirada de vangarda cara a liña do horizonte. Cara a un océano no que se agochaba a esperanza dun futuro que dende a súa mocidade e as súas expresións artísticas convertéronse nun arreguizo na cultura galega do momento e chegan ata nós como dúas das máis afoutas presenzas da nosa creación ante a natureza dende a vertixe da modernidade do seu tempo, nun contexto de renovación cultural en Galicia nos anos vinte e trinta do século pasado.

Dende o mar ambos propoñen un discurso cheo de vitalidade que repara na relación do ser humano con ese contexto dende o existencial, o cultural e o estético. O Museo Manuel Torres de Marín, fronte a ese horizonte marítimo que durante séculos marcou e marca a vida desta vila tan ligada ao mar, convértese nun espazo de reflexión a partir da conxunción das dúas sensibilidades e a modo de celebración do 125º aniversario do nacemento do pintor marinense. Unha dobre mirada que conflúe nunha soa para relacionar dese xeito o traballo de ambos, así como as posibilidades que esa........

© Galiciaé