Os lugares de Alberto Ardid
Non éo ser humano como especie o que máis coidado ten co seu ámbito de vida. Lonxe de coidar ou mimar unha natureza chea de bondades para desenvolver a existencia o proceso de degradación, exponencialmente alentado nas últimas décadas, converte ao ser humano no maior depredador do seu propio territorio, co que iso implica de escasa intelixencia por ir contra el mesmo, a maioría das veces en función de toda unha serie de intereses económicos que adoitan ser unha maquinaria de aniquilación.
Alberto Ardid (Vigo, 1986) converte a súa exposición ‘Hai un lugar’, nos diferentes espazos da planta baixa do Marco, nunha fonda autoreflexión que comparte co espectador sobre cómo é esa tensión cada vez máis estreita entre o home e o seu contexto vital. Unha comprometida ollada que dende a seriedade da súa proposta non pode evitar a ironía e as paradoxas a través da creación de toda unha serie de obras e instalacións que sorprenden ao visitante, ao tempo que xeran un debate sobre o que podemos........
