menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O rostro da marea

36 0
17.03.2026

Achegarse a cada traballo de Gonzalo Hermo é atopar un absoluto compromiso coa creación, coa emoción e coas posibilidades da linguaxe para beliscar ao lector ante a súa capacidade para, dende o literario, afrontar o que supón relacionarse coa vida. Xa falemos de narrativa, ‘Diario dun enterro’; ou de poesía,  ‘Crac’, ‘Celebración’, ‘A vida salvaxe’, e agora con ‘Un xesto de tenrura’ o poeta de Taragoña é quen de atopar nos rastros das mareas que axitan a existencia a maneira de reflectir sobre as experiencias que a vida pon ante nós, ante o que supón un proceso de crecemento, cheo de descubertas, de momentos complexos, inzados de incertezas, pero tamén de fermosos instantes nos que todo semella atopar o seu sentido que, ao cabo, é o que lle outorga o seu valor.

Editado por Chan da Pólvora, ‘Un xesto de tenrura’, reafirma a contundencia poética de Gonzalo Hermo, a súa madureza creativa que escintila ao longo destes poemas cheos de fermosas........

© Galiciaé