menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Moldes dende a figura

28 0
31.03.2026

CONVÉRTESE a pintura de Manuel Moldes nun permanente territorio de coñecemento e mesmo de descuberta das intencións do creador pontevedrés en relación a súa obra e como esta se mergulla nun contexto humano que, dunha ou doutra maneira, sempre está detrás das súas arelas plásticas. Xunto á conservación e á difusión da súa obra, a Fundación Manuel Moldes activa tamén diferentes mostras que procuran a análise das distintas etapas creativas ou de elementos que integran a súa obra ao longo das súas pezas e que singularizan unha maneira de traballar de enorme riqueza dentro do ámbito creativo galego.

Moldes dende a figura é unha proposta que xestiona a presenza do ser humano nas súas obras, un percorrido por diferentes momentos nos que a figura asoma como unha referencia, como unha sorte de tótem dende o que activar toda unha serie de situacións que permitan entender cada un deses momentos, tendo como eixo á presenza humana, que non sempre tivo protagonismo ao longo da súa traxectoria con series como as dos Links, os........

© Galiciaé