menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Polo ano 1200

24 0
06.05.2026

La porta Miñá, entre as herbas que medran na muralla ou os niños dos cirrios que se lle achegan, que por alí sexa posible camiñar sobre os pasos de Fernando Esquío é favor de Cunqueiro, que moitos anos teimou, tamén neste xornal, para que se gravasen alí esas palabras en pedra. "O amor que eu levei de Santiago a Lugo/ esse me aduz, e esse mi adugo", di o refrán da cantiga deste poeta, probablemente ferrolán, coa que o mindoniense o imaxinou entrando pola porta que leva ao Miño nese camiño no que a romaría, como en tantas outras cantigas de amigo, é trasunto da verdadeira peregrinación, a amorosa. 

"A forma adugo xa hai tempo que caeu en desuso. Eu cólloa do trobador Fernando Esquío, que aló polo ano mil douscentos entrou namorado pola Porta de Santiago, como di o Cunqueiro, e así está gravado nela. O trobador volve e torna o retrouso: O amor que eu levei de Santiago a Lugo / esse me........

© Galiciaé