menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Nunca un partido máis

16 0
03.09.2026

VERÁN DE 2026 quedará como evento xeracional para moitos nenos e nenas, mozos e mozas, pola vitoria de España na Copa do Mundo de fútbol. Non se acadou o paroxismo de 2010, cando mesmo as persoas que non participamos do nacionalismo español vimos como se exorcizaban as pantasmas de Austria, Irlanda do Norte, Bélxica, Arconada, Raúl ou Zubizarreta. En calquera caso, dúas cousas quedaron ben demostradas: a primeira, que o fútbol transcende o deportivo para entrar de cheo no sociolóxico e o vital; a segunda, que os estudados tamén podemos reflexionar sobre este deporte sen perder a nosa condición.

Agora comezou a nova temporada de fútbol. Desaparecerá esa unión estival para deixar paso, sobre todo, ás leas entre Barcelona e Real Madrid. Estas alcanzarán tamén as librarías grazas á publicación de ‘El primer clásico ante el abismo’, de Arnau González i Vilalta, unha obra de........

© Galiciaé