menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Fuxidas

15 0
27.05.2026

DENDE hai uns meses imaxes de terror procedentes de Estados Unidos percorren os partes informativos. Na súa cruzada contra a inmigración o goberno de Donald Trump decidiu perseguir persoas pola súa raza ou relixión polas rúas adiante, con independencia —en realidade— da súa situación legal ou orixe. Primeiro, unhas preguntiñas ou unha detención do ICE, por se acaso; se despois non hai nada, perdoe a molestia.

Son novas e imaxes que pensamos que non volveríamos ver en Occidente despois da Segunda Guerra Mundial, aínda que quizais fósemos inocentes de máis, como demostrou nos noventa a guerra na antiga Iugoslavia. Traballar na memoria da persecución aos xudeus por parte dos nazis é, por isto, unha obriga moral e intelectual. Disto ocúpase o autor e xornalista alemán Uwe Wittstock en 'Marsella 1940’, unha crónica da fuxida de moitos dos mellores artistas xermanos do........

© Galiciaé