menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Algo queda

31 0
02.03.2026

OS ÚLTIMOS tempos as actuacións do estado de Israel fixeron que as conversas sobre xenocidio e Holocausto sexan especialmente incómodas e desagradábeis. Se un lembra que aquilo non se pode comparar con absolutamente nada que ocorrese antes ou despois, porque de Treblinka ou Belzec apenas saíu ninguén con vida despois de pasar por alí centenares de miles de persoas, acusarano de sionista ou negacionista do xenocidio en Palestina; se sinala a tristísima ironía de que os sobreviventes do drama estean agora a protagonizar crimes contra a humanidade de seu terá que ler acusacións de propalestino ou negacionista do drama xudeu. E así con todo neste mundo polarizado e bastante ignorante.

Malia todo, sempre hai que volver ás historias da Shoah, como fixo nas últimas semanas Mercedes Monmany en 'Algo quedará de mí' (Galaxia Gutenberg), un libro de Historia centrado nas........

© Galiciaé