menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Que fixeron os coches franceses por nós?

45 0
03.06.2026

É O VERÁN de 1988, e polo aire denso que orbita entre a herba seca andan as moscas a zunirlles ás vacas; estas, coitadas, que lle van facer aparte de mover e rabo e abanear os cornos. Só interrompe o monótono cinzallo algún coche que pasa, tamén manso e suorento, ben amodo por esta secundaria entre as secundarias. Pero aló é que vén, ao lonxe, brillando escura a chapa con esmero encerada, un convoi a máis de cento corenta. Non importa que a estrada sexa estreita, botosa, longa e subichán; eles písanlle igual, que para algo son vehículos oficiais.

 A Xunta e Galicia comezara dubidosa —aquel parlamento novato que por iso das aparencias reuníase no pazo de Xelmírez; e naquelas graves pedras moita historia, pero tamén un frío inhumano: alguén espelido tivo que ir comprar unhas das máquinas que quentaban as granxas de polos—, mais, así a todo, xa era inevitable tomala en serio. Quen decidiu o parque móbil sabía o que facía. Para a presidencia: Citroën CX Superprestige, Turbo 2. O mesmo que o xefe do Elíseo e a República Francesa. Para as consellerías, algo seica máis modesto, que pode que fixese torcer o fociño a alguén que aspirase a luxos........

© Galiciaé