Esencias patrias e fútbol
Non sei Vdes. Mais este cronista si que coida que cabería pensar que, tras o -aínda ben recente- triunfo da selección española no Campionato Mundial de fútbol, tutti quanti estarían felices cal voadoras perdices. Desde logo, non quixera afirmar que non deveña esa a actitude maioritaria. Porén, é o caso de que, fronte á ledicia popular, si que veño observando certas disposicións -agardo que sexan clara minoría- a tentaren poñer en dúbida os valores dos pupilos comandados por Luis de la Fuente. Pero vaia; sabido é que, como nos ensinou/ensina, Carl von Clausewitz -no segundo volume do seu célebre tratado Da guerra (1832); ok McKey: ben coñezo que algúns virán obxectar que esa segunda parte resulta ser apócrifa- «(tamén) o fútbol constitúe a continuación da política por outros medios.» De calquera xeito, vaiamos xa co relato.
«...E que me dicides do da selección? Agora andan todos a presumir por aí adiante do Mundial. Eu quero que gañe España pero... como podemos celebralo ben cando acontece que a metade dos xogadores nin sequera son verdadeiramente de aquí? O tal Lamine Yamal: vós........
