menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

De pólvora e de magnolias: 50 anos despois

14 0
06.06.2026

Corría o mes de novembro de 1976 -o autor destas liñas andaba pola xeira das vinte primaveras; tiven a fortuna de coñecelo persoalmente e gozar desde daquela da súa amizade- cando X.L Méndez Ferrín daba á luz pública un volume titulado Con pólvora e magnolias, entrega que se foi tornar moi axiña decisiva para o devir da literatura de noso. Como han de coñer moitos -ou todos- dos, sempre moi amables, lectores e lectoras, nos pasados días de maio tivo lugar na viguesa librería Librouro, adiantánose así á data conmemorativa, a presentación da edición facsimilar do poemario, levada a termo pola Editorial Alvarellos. O libro amosa, alén diso, manuscritos orixinais dalgunhas das composicións e conta cun epílogo da autoría do escritor e profesor Anxo Angueira. Vaian, os nosos parabéns para os responsables da iniciativa.

É a miña intención tentar abeirarme polo miúdo aos versos de Con pólvora e magnolias máis adiante -entre outras achegas, o suplemento Faro da Cultura deste xornal incluirá, da súa parte e en novembro, diversos traballos........

© Faro de Vigo