Contratos populares
Transcurría o verán de 1898. Tras a desfeita, en Cavite e Santiago de Cuba, das frotas de Montojo e Cervera, a evidencia de que a guerra cos Estados Unidos se conformara como un verdadeiro desastre determinou apaixonados debates no Congreso. Así as cousas, un grupo de deputados opositores foi apostrofar o seu propio líder, D. Francisco Silvela, acusando a este de moleza e aínda de que estaba a «protexer o Goberno» cando a súa verdadeira obriga non era outra que a de derrubalo sen perdón. «¿Qué he de proteger yo al Gobierno?» -retrucou D. Francisco-. «El Gobierno está muerto, y si aún continúa ahí, ello es por la piedad que inspiran los cadáveres».
Pero non; non vivimos no 98 nin andamos envoltos en imposibles contendas transoceánicas. Porén, o Goberno da nosa xeira si que semella, así mesmo, máis morto que vivo, e se aínda continúa aí, tal vén resultar -antes que pola compaixón que poida infundir- por mor das regras dunha xa próxima convocatoria electoral.
Segundo os tratados de historia, e contando con Fernández Villaverde como ministro de Facenda, Silvela........
