Ceuta,1898
«En mi opinión la pregunta no es si Marruecos invadirá Ceuta y Melilla, ni cómo debe organizarse su defensa, sino cuándo España se irá de Ceuta y Melilla». Quen de semellante xeito se expresaba publicamente nos pasados días non resulta ser político e/ou analista xeoestratéxico; Santiago Niño Becerra devénun coñecido economista,catedrático na Universidade Ramon Llull de Barcelona. Na súa estima, Marrocos desempeña nos plans estratéxicos dos USA un novo, e moi importante, papel. Daquela, tanto lle ten que «Ceuta e Melilla teñan a consideración de provincias españolas» toda vez que chegamos xa a unha situación na que «non depende de España que poida quedarse ou non». Isto é, as bravas e en latín clásico: alea iacta est.
Como cabía agardar, foron —e continúan a selo— bastantes/moitos aqueles que de contado se lanzaron á contraofensiva. E como era asemade de esperar, entre os argumentos máis contundentes destaca o referido á «españolidade» de «toda a vida» de ambas as cidades obxecto da controversia, acusando entón a Niño Becerra de desprezar a historia e de desestimar a........
