menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A guerra da fin do mundo

28 0
14.03.2026

Conforma todo un tópico, clisé..., por parte dun amplo número de politólogos, facer referencia ás rabeleadas de cachalote que caracterizan a, ben axitada, andaina presidencial de Donald Trump. O que é máis: non faltan tampouco aqueles que acudan aínda na procura dunha patoloxía psiquiátrica que veña definir as ondulacións e zigzags mil cos que, día si e día tamén, alcanza o actual inquilino da Casa Branca alterar os nervios de tutti quanti.

Desde logo, o autor destas crónicas non vai máis alá da filoloxía, da escrita literaria e destas liñas semanais a tentaren desenrolar un tanto certos nobelos da actualidade que nos rodea. No entanto, si que quixera precisar que, ao meu ver, a orde dos factores pode alterar realmente o produto. Ou traducido: que non resultan ser as rabexadas do cachalote nin tan sequera as, posibles, alteracións psíquicas de Mr. Trump (e familia) as que determinan a política norteamericana actual senón que, máis ben, os tales abalos e devalos deveñen xustamente como consecuencia dos principios que a alimentan. A saber: a doutrina do........

© Faro de Vigo