Oso ondo!
«Oso ondo!» significa «moi ben!» en basco. É a típica expresión que se emprega acotío, esa que poñendo atención podes ir detectando nunha conversa. As linguas son riqueza, unha pena que o meu euskera se limite ás fórmulas de cortesía (hola / adeus, por favor/ grazas, bo día /boa tarde,...) e algunha verba que se queda dunha canción, dalgunha peza dos de Vaya semanita ou cando tocan eleccións no País Basco. A máis típica, como non, lehendakari. Desfruto con esas descubertas, por iso tamén -cando existe a opción- escollo a versión orixinal nos filmes.
Fai tres anos, coincidindo coa Cuncha de Ouro a O Corno no Festival de Cine de San Sebastián, tiven a fortuna de entrevistar á sua directora, Jaione Camborda. Unha........
