O valor da sanidade pública
Pacientes nunha sala de espera de urxencias. / Manu Mitru
A tarde faise longa e a madrugada interminable. A primeira está chea de ruído. De queixas, de corredores ateigados, mesmo de xente que non sabe comportarse e confunde as salas de espera coa feira de Monterroso. Pero pouco a pouco a noite vai converténdose en madrugada e os mesmos corredores de antes agora énchense de silencio. De ecos, de cansazo e, sobre todo, de espera. As urxencias dos nosos hospitais están cheas de noites de espera e, se cadra, tamén de medo.
Non hai calmante que faga efecto, e nos rostros asustados de todos e cada un de nós vense os nomes dos nosos medos. Que é o que teño, será grave, por que me repiten as analíticas... De día todo son queixas, na maioría dos casos emitidas por aqueles que se afixeron a esquecer o moito que vale isto que agora desprezan con tanta facilidade. Pero, cando chega a madrugada e nada máis quedamos a soas cos nosos medos e temores é cando apretamos os dentes, tragamos saliva e, en silencio, rezamos porque, unha vez máis, nos saquen desta. E mentres a resposta non chega, buscámola na ollada de cada médico, cada doutora, cada........
