menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Vigo, cidade das ilusións

21 0
11.08.2026

Foi o escritor Paul Auster quen escribiu que «mudar de opinión é unha das cousas máis fermosas que a xente pode facer», admitindo, ademais, que o «trasacordo» é atribuíble máis á evolución do noso criterio que en deixarse convencer ou admitir que estabamos errados no que antes defendiamos. Iso foi, quizais, o que lle sucedeu a Luisa Sánchez, a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, cando propuxo un «pacto por Peinador» entre todas as administracións, no que a súa achegaría 200.000 euros por conexión aeroportuaria. Tras o fracaso dunha coordinación de rotas en clave galega, coma se dun único aeroporto con tres terminais conectadas se tratase, a incansable lideresa popular viguesa admitiu o que nunca fixera responsable ningún do seu partido: a deputación pontevedresa ten cartos para traer a Peinador máis voos no marco dos plans de Aena. O que se traduciría en incrementar os enlaces con Barcelona, recuperar os de Bilbao, Valencia e Sevilla, así como as conexións internacionais con Londres, París, Ámsterdam e Milán, até agora reservadas ao aeroporto Sã Carneiro do Porto, cando anuncia a enésima ampliación da súa terminal e o incremento de viaxeiros.

Certo é que tan relevante........

© Faro de Vigo