Un pacto pola lingua?
Tras a presentación por parte de José López, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, do documento de actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) –consensuado por PPG, PSdeG-PSOE e BNG en 2004– foi unánime o rexeitamento por parte da oposición, que xa tras dúas décadas de rotura daquel acordo, consideraba insatisfactorio o texto elaborado a partir das análises e propostas dunha comisión de expertos. Insuficiente para facer fronte a unha situación de emerxencia lingüística, un deterioro nacido na rotura da cadea de transmisión familiar que ameaza con situar o galego como lingua destinada a desaparecer.
PXNLG 2004 que puxo en marcha o goberno do socialista Touriño, o que provocou as protestas orquestradas por sectores galegófobos que, baixo a mentira da «imposición del gallego», conseguiron que cando Feijoo chegou ao goberno o plan quedase en auga de castañas. O que se fixo efectivo decontado, transformado o plan polo decreto 79/2010 en axente desgaleguizador, polo abandono do seu emprego en Educación Infantil e no inicio da Primaria, como lingua de aprendizaxe da lectoescritura. Outrosí sucedeu na Secundaria cando se prohibiu o seu uso como lingua vehicular no ámbito........
