menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Eugenio Krapf editor

13 0
01.09.2026

Os días de partido a rúa Eugenio Krapf, unha costiña que une a avenida da Florida co estadio de Balaídos, énchese de celtistas que celebran a previa. Un espazo rurubarno, tan característico do val do Fragoso, onde edificacións en altura comparten con casas unifamiliares coa súa horta cativa o viario aberto hai tres décadas. Imaxino que a xente celtista reunida na Esmorga, no Ons, no Picoteo, os locais da rúa cuxo nome figura no rueiro como «Eugenio Kraff» [sic], descoñece quen é ese home con apelido de papel castaño, moi resistente, presentado como ecolóxico por non ter sido sometido ao proceso de albeado.

O paradoxal do caso, que podería explicar mellor Lalo Vázquez Gil, o cronista oficial da cidade entre 1986 e 2016, é que tras ese nome ocúltase un amante de toda clase de papelaría, un editor nacido en Zürich chegado a Vigo, arredor de 1890 para abrir unha papelaría, libraría e oficina de imprenta, primeiro na rúa Príncipe nº 37, despois, a partir de 1894, en Policarpo Sanz nº 17-19, fronte ao café Colón.

Krapf ten unha bonita historia que merece ser máis coñecida para orgullo da cidade que o acolleu. Procedente de Sevilla, despois de abrir a súa oficina de imprenta noutras cidades, o que era........

© Faro de Vigo