menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A ollada literaria á traxedia do «Pitanxo»

9 0
18.08.2026

«Un pesqueiro pertencente a unha armadora galega naufragou a 250 millas da illa de Terranova en augas NAFO cando participaba na marea do fletán negro. A bordo da embarcación de 50 metros de eslora, construída nun dos estaleiros da ría, traballaban 24 tripulantes, dos que apenas tres foron rescatados con vida en estado de shock hipotérmico polos servizos de salvamento canadianos e varios buques galegos que acudiron ao mayday, recuperaron nove cadáveres e continúan a busca dos doce desaparecidos. O buque navegaba sobre ondas de até dez metros de altura e ventos de máis de setenta nós, sen que a armadora ofrecese un comunicado sobre o sucedido nunha das maiores traxedias da flota galega».

Eis o texto dunha noticia de axencia á que poñéndolle nomes propios e datas correspondería co naufraxio de 15 de febreiro de 2022 do «Villa de Pitanxo», o buque de Pesquerías Nores de Marín, construído en 2004 nos estaleiros MCíes, que tras tres anos de investigación e a mobilización teimosa dos familiares das vítimas se xulga este mes na Audiencia Nacional, onde son acusados o capitán e os dous armadores de 21 homicidios por imprudencia grave e dereitos contra os traballadores.

Relato da traxedia........

© Faro de Vigo