menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O himno á vida de Gisèle Pelicot

21 10
22.02.2026

En setembro de 2024, o nome de Gisèle Pelicot irrompe na escena pública europea provocando unha profunda conmoción. A través da policía, Gisèle descobre o horror ao que estaba sendo sometida sen sabelo.

«O axente díxome: estou a punto de mostrarlle algo que non lle gustará».

Eran dúas fotos dunha muller inerte deitada nunha cama.

«Non me recoñecía. Esta muller xacía na cama coma se estivese morta. Había homes xunto a ela. Non entendía quen eran. Non os coñecía. Nunca antes os vira».

Aí foi como Gisèle tivo coñecemento de que fora violada por oitenta e tres homes durante practicamente unha década, a instancias do seu home, Dominique Pelicot, que lle subministraba drogas para durmila e relaxantes musculares para paliar calquera dor física provocada polas agresións.

Cincuenta dos oitenta e tres homes foron identificados logo dunha intensa investigación que tivo coma resultado a descuberta de vinte mil vídeos e fotografías que probaron esta atrocidade documentada e minuciosamente etiquetada polo........

© Faro de Vigo