menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O crime foi en Granada

3 0
yesterday

Federico García Lorca. / Europa Press

Esta pasada semana en que se cumpriron 90 anos do asasinato de Federico García Lorca, fusilado na madrugada do 18 de agosto de 1936 no camiño de Víznar a Alfacar —aínda que durante anos se manexou tamén a data do 19 de agosto— lembrei que cheguei á súa poesía a través dun coleccionable que vendían nos quioscos. Eu tiña catorce anos e descoñecía que Federico fora asasinado por homosexual, por «rojo peligroso», por masón e por espía dos rusos, mais a curiosidade por coñecer a súa poesía —que daquela non se estudaba en BUP— levoume a gastar a paga semanal nun exemplar de Poeta en Nueva York. Aínda conservo ese volume que me fixo comprender a dimensión planetaria de Lorca e me provocou unha profunda conmoción.

Nunha daquelas tardes do fatídico verán do ano 1936, Lorca soñou que estaba deitado no chan e que era ameazado por un grupo de mulleres vestidas de loito que portaban crucifixos. Regresara a Granada para pasar uns días xunto a súa familia na Horta de San Vicente, sen saber que xa........

© Faro de Vigo