menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Eva Orúe, a nosa fada madriña

22 0
12.07.2026

Eva Orúe, fotografiada en Madrid / José Luis Roca

Souben da destitución fulminante de Eva Orúe como directora da Feira do Libro de Madrid a través dun post en Instagram de Rosa Montero. Durante as horas seguintes, dentro do ecosistema do libro fomos pasando do estupor á pena e da pena a indignación; non só polo feito en si do cesamento, senón porque, a día de hoxe, descoñecemos os motivos reais. E é que a xornalista, escritora e xestora cultural —primeira muller en dirixir a feira nos seus máis de oitenta anos de historia— foi cesada pola Asociación de Librarías de Madrid apenas unhas semanas despois de concluír a edición de 2026, sen que a organización fixese públicas as razóns concretas do despedimento, aportando argumentos vagos e pouco convincentes.

Orúe asumiu a dirección en xaneiro de 2022 tras substituír a Manuel Gil. Procedía do xornalismo cultural —cunha longa traxectoria en medios— e tiven a fortuna de coñecela nese contexto antes ca coma directora da feira. Tan pronto Orúe se incorporou a este cargo, introduciu importantes cambios que transmitían a sensación de que a súa intención era profesionalizar a xestión e traer a feira ao século XXI; tarefa que non........

© Faro de Vigo