menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Ed Sheeran

17 0
20.09.2026

Ed Sheeran, bajo el foco, entre el silencio y las ruinas. / Eli RG / IA

«Soy neutral, no estoy ni a favor ni en contra de asesinar niños palestinos». Esta frase do artista gráfico Pedro Parrilla coa que me atopei nas redes sociais en plena polémica polo ocorrido arredor de Ed Sheeran, ía acompañada dunha ilustración do músico británico coroando unha montaña de caveiras. O asunto estoupou esta semana, cando Macklemore, o artista que recorreu diferentes cidades de Estados Unidos como teloneiro de Sheeran no Loop Tour, empregou o escenario como altofalante reclamando unha «Palestina libre». No transcurso dunha actuación no MetLife Stadium —en Nova Jersey—, Macklemore declarou que todo ser humano que pisa esta terra merece exactamente a mesma liberdade. Estas declaracións provocaron que o consello israelí-estadounidense esixise vetar ao rapeiro que foi apartado da xira de Ed Sheeran.

Inmediatamente despois da súa cancelación, Macklemore publicou un sentido comunicado onde explicaba que Ed Sheeran e o seu equipo tomaran a decisión de expulsalo do Loop Tour: «Ed é o meu amigo. Coñézoo desde hai........

© Faro de Vigo