Sen teito, sen aura
'Quedada' en Vialia para farmear aura. / Jose Lores
Isto de farmear aura tenme desconcertado. É unha mágoa que xa non estean os compañeiros de prácticas —bótanse de menos: Lucas, as dúas Carolina, Jon, Ulises e compañía— para que mo expliquen ben —por idade, terano máis claro—, pero despois de ler as reportaxes destas últimas semanas e, sobre todo, despois da «quedada» de Vialia, entendo que vén sendo algo así como facerse o «chulito» diante de colegas e descoñecidos para botarse unhas risas… pero en inglés.
O da aura, sen farmear, sóame máis a catequese, a todo o que ten que ver coa alma —non se me enfade, pater—. O de farmear aura ten máis relación coa imaxe que transmite un de si mesmo, tanto no plano físico coma no psicolóxico. Recoñezo que hai xente que ten unha aura especial,........
