menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

E se non chove?

21 0
01.11.2026

Estado do encoro de Eiras. / Pablo Gamarra

Hoxe é o Día de Todos os Santos porque así o marca o calendario, porque, botando unha ollada ao ceo ou ao termómetro, calquera diría que estamos en setembro. O tempo está tolo. Nin frío nin chuvia. Por unha banda, está moi ben, porque aforramos cartos en calefacción; pero, pola outra, como non paro de escoitar na casa, na escola ou no traballo, «a terra está seca».

Manda truco, pero arrincamos novembro sen auga, coas presas baleiras coma nunca e sen previsión de precipitacións ata, polo menos, a segunda quincena do mes. Como xa comentei noutra ocasión, se o meu compa xubilado Fernando Alonso plantou nabos este ano, debe de telos ben secos. Vai ter que variar a dieta.

Deixando a retranca de lado, a cousa é grave. Na casa ando detrás dos rapaces para que pechen as billas: nada de malgastar auga.........

© Faro de Vigo