Ayodele e Lisa
Lisa entra no locutorio e envía 300 euros á familia, en Onitsha. O aforro dun mes percorre 5.000 quilómetros nun intre. Lisa chámase Ayodele. O verdadeiro é o nome que garda para ela e o seus, que fican en Nixeria. Lisa é unha identidade allea, a palabra doutros.
Comparte domicilio con catro mulleres; cada unha paga 400 euros. Ayodele descansa alí —non sempre o consegue—, cando non está no piso turístico que Luís aluga para impoñer a varias vítimas que se prostitúan e lle paguen. A prostitución coactiva é a escravitude do século XXI. «Viólanse os dereitos humanos, corrómpense a liberdade, a dignidade e integridade das persoas», di a........
