Á procura dunha resposta propia
Unha persona escribindo / FDV
Causan un pouco de apuro as situacións nas que o silencio xorde no medio da acción, con espazos en branco que alongan a distancia entre ti e a outra persoa, mais creo que hoxe en día é unha fortuna caer de cando en vez en conversas nas que faltan as palabras, nas que o pensamento funciona sen a intromisión dos artefactos, e consegue producir unha opinión propia, malia que as verbas non atopen o vieiro de saída a tempo.
Amola quedar sen a resposta pretendida pero é un sinal inequívoco de comportamento humano, unha proba de que seguimos gobernando o decurso da vida. Non pasou tanto tempo desde........
