Nos sesenta anos da «Optatam totius»
O 28 de outubro de 2025 cumpríronse sesenta anos da promulgación dun dos documentos do Concilio Vaticano II, a Optatam totius. Un decreto que abordaba algo tan importante e fundamental como é a formación dos futuros sacerdotes. Isto puña de manifesto dúas cousas. Por unha banda, que a formación que se estaba a impartir nos seminarios —e naquel tempo había moitos—, xa non respondía ás esixencias que a nova realidade social que estaba a agromar: nun momento no que a secularización se ía abrindo camiño, precisábase unha teoloxía inculturada, renovadora, dialogante, interdisciplinar e con capacidade de superar o reducionismo dunha visión demasiado abstracta e afastada da vida. Por outra banda, mostraba que o proxecto de formación que saíra do Concilio de Trento —século XVI— e que servira durante catro séculos para formar aos futuros curas nos centros de estudo teolóxico, xa estaba superado.
A nova proposta de formación que se discutiu na aula conciliar por veces de xeito acalorado, mostraba a necesidade de abrir camiños e metodoloxías moito máis indutivas que........
