menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Humanos

19 0
22.09.2026

En tempos de confrontación e crispación permanente, onde a reflexión está cada vez máis ausente e o emotivismo ocupa o lugar da racionalidade, é necesario dicir que cando falamos de migración e de Ceuta, estamos a falar de seres humanos. Si, inda que polo que se le, ve e escoita podería parecer que non.

Humanos son os migrantes, persoas, non o esquezamos, que ata alí chegaron. Humanos con corazón, ollos, brazos, cerebro... pero tamén sentimentos, familia deixada non sabemos onde, raíces e todo o que puideramos engadir ao termo humano. E non poden ser tratadas coma se fosen gando .

Pero tampouco deberiamos esquecer que humanos tamén son as persoas que viven e residen en Ceuta. Os Caballas. Homes e mulleres que alí teñen a súa casa, as súas familias, arraigo, amigos, traballos, ilusións e proxectos, pero tamén sentimentos. Uns sentimentos que neles se mostran en forma de cansazo, desesperación, desacougo, medo, incerteza; vamos que non lles importan a quen tiñan que importarlle,........

© Faro de Vigo