menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A vida. Sempre don e tarefa

17 0
15.04.2026

Nestes tempos nos que prima o emotivísimo e falta racionalidade á hora de fundamentar afirmacións; nestes tempos nos que a liberdade se reduce a unha decisión individual e sen relación co comunitario, cos demais ou co ben común, é preciso non ter medo a manifestar que non todo o que se lexisla, decide ou se aproba maioritariamente non ten por que identificarse cunha decisión ética e un comportamento moral.

Con todo o anterior, quérese poñer de manifesto que os principios antropolóxicos e éticos sobre os que se asentan as posicións en relación a promover a defensa da dignidade da persoa non deixan de ser válidos inda que a opinión publicada diga o contrario. E isto é importante subliñalo, sen medo á crítica ou mesmo á desautorización persoal. Aínda que no mundo da primacía da opinión sobre a fundamentación é algo moi habitual, non debemos esquecer que non por erguer moito e........

© Faro de Vigo