menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Canto de emigración

19 0
28.10.2026

Debuxo de Castelao do álbum Nós. / FdV

A recuperación do patrimonio cinematográfico de Galicia acadou un logro importante grazas á reconstrución de Canto de emigración (1935), a película perdida do cineasta Antonio Román (Ourense, 1911 – Madrid, 1989) coa música incidental do compositor Teódulo R. Páramos (Tui, 1905 – Vigo, 1971). Ao estar a cinta orixinal desaparecida tras a Guerra Civil, o material conservado limitábase a cartas, o guion, entrevistas e algúns fotogramas.

A evocación do filme foi posible grazas a que a violinista Ana Vaqueiro, neta de Páramos, lle entregou o manuscrito orixinal da partitura a Manuel Martínez Álvarez-Nava para a súa interpretación pola Orquestra Clásica de Vigo (OCV). A través do traballo de investigación, o cineasta Pepe Coira reconstruíu o filme servíndose da partitura como fonte principal para achegarse ás súas imaxes perdidas e evocar así o........

© Faro de Vigo