Ano Oteriano 2026
Ramón Otero Pedrayo, nun mitin. / FdV
En 2025 o Parlamento de Galicia, aprobou por unanimidade declarar: Ano Oteriano 2026, con motivo do 50 Aniversario do falecemento de Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888 –Trasalba 1976), e carón do Centenario da publicación: Guía de Galicia (1926), unha das grandes obras do Patriarca das Letras Galegas.
Otero Pedrayo, figura cume da literatura galega, foi un intelectual comprometido, xeógrafo, historiador, novelista e político, coa idea fundamental de espertar Galicia como dona de seu, a través dun labor intenso, cando todo estaba por facer e había que facer de todo. Nunha entrevista realizada ao final da súa vida, en 1975, a xornalista Maribel Outeiriño pregunta: Como se percibía a si mesmo? E Otero responde: Como un servidor das necesidades colectivas, leal e co meu compromiso ao servizo dunha idea: Galiza!
Gran coñecedor dos escritores do século XIX e tamén dos seus contemporáneos, a obra de Otero Pedrayo abrangue practicamente todos os xéneros. En 1926 fixo a tradución para o galego de fragmentos do Ulises de James Joyce.........
