Un trato persoal
Imaxe analóxica integrada na exposición «Lo abstracto y lo concreto». / Francisco Curra
Dende que os teléfonos móbiles (des)fan fotografías, cada vez mellor, aos seres humanos parece que nos toca xogar, coma cativos, a imaxinármonos nenos ou maiores ou a carón de estrelas famosas ou reconvertidos en bichos de distintas especies. A intelixencia artificial, que polo de agora ten máis do segundo ca do primeiro, permite retocar ou borrar o que amola na imaxe, e algún orwelliano aínda fantasiará con que esa utilidade sexa extensíbel á vida.
As vellas tendas de fotografía, e non só, sobreviven reconvertidas en bazares que soñan con superficies nas que inmortalizar a diferenza:........
