O carballo que fala
Esta fin de semana fun a Padroso para homenaxear un carballo recentemente declarado como árbore senlleira. Pero que son as árbores senlleiras? Son árbores ou formacións arbóreas que, pola súa peculiaridade, a Xunta de Galicia as considera merecedoras dunha atención ou protección especial. Os criterios usados habitualmente para que certas árbores poidan considerarse senlleiras adoitan ser a notabilidade do seu porte, altura, grosor do seu tronco, diámetro da copa, idade, rareza, beleza, localización, asociación a feitos ou edificios históricos e outros similares.
Estiven vendo algunhas árbores senlleiras de Galicia e todas cumpren unha ou varias destas características. Pero cando me falaron do carballo de Padroso xa me advertiron........
