menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Fiel contraste

10 0
thursday

Hai uns días, paseando por Pontevedra, fun ver o conxunto escultórico de Ramón Conde titulado «Fiel contraste», na rúa da Alhóndiga, na parte traseira do Concello. Consta de cinco pezas. A principal representa un home corpulento, de mirada firme pero serena, que sostén na man esquerda unha romana, ese instrumento de pesar que se usou ata hai non moitos anos e que consiste nunha panca de brazos moi desiguais co fiel no punto de apoio. Nas feiras da miña mocidade era o aparello de pesar máis empregado. Ese personaxe graúdo é o fiel contraste. As outras catro pezas, en aceiro corten, son bidimensionais e representan dous compradores e unha vendedora e a súa cesta de produtos.

Pero que eran os fieis contrastes? Eran os oficiais encargados de garantir a fidelidade das pesas e medidas........

© Faro de Vigo