Morren os ‘venancios’
Opinión Morren os ‘venancios’
Non morreu un veciño. Morreu un venancio. Cando chegamos a esta aldea dunha vintena de persoas nós sumamos dous, porén, aos poucos meses, cando morreu Venancio, perdéronse moitos máis. Non morreu só un veciño, morreu aquel que coñecía os montes e facía a matanza, o que daba a hora ao pasar saudando co seu tractor, o que che cortaba a leña para o inverno, o que empregaba a dous obreiros e nunca quedaba coa súa plusvalía. Morreu tamén o que lle traballaba a terra a quen non podía, o que se encargaba de traer as castañas e mercar o licor para o magosto. Morreron todos e cada un deles, nun mesmo día, hora, segundo. Nun mesmo instante. E aínda así, o censo, eses fríos números sen corazón, nin sentimento, nin fame, nin padecemento, só baixaron un punto.
Na España que se baleira, morren os venancios. Venancio era un piar, un deses que sostén a comunidade, que entrega e nunca pide, porque ten fe nela. Fai falta moita fe para seguir loitando por unha terra que se baleira. Erguíase cada día para levarlle cabazas aos seus porcos celtas, raza autóctona que........
