menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O avance soberanista redefine o Reino Unido fronte á onda ultra inglesa

23 0
11.05.2026

Opinión O avance soberanista redefine o Reino Unido fronte á onda ultra inglesa

Os resultados das eleccións decorridas no Reino Unido no pasado 7 de maio están a ser descritos polo comentariado británico como “históricos”. Os comicios convocaban citas electorais de dous tipos: municipais en Inglaterra, onde se elixían concelleiros de diferentes autoridades locais (condados, distritos ou boroughs metropolitanos); e nacionais en Gales e na Escocia, o que no sistema político español se denominarían “eleccións autonómicas”. En Inglaterra, o sistema bipartidario sufriu un abalo sísmico.

O partido populista de ultra dereita Reform UK, que estaba aínda en cueiros nas eleccións municipais de hai catro anos, conquistou por volta de catorce cámaras municipais e mais de 1.400 actas de concelleiro, tomando antigos bastións laboristas no Norte, nas Midlands e mesmo en Londres. Ao mesmo tempo, os Verdes alcanzaron os mellores resultados da súa historia, arrebatando varias autoridades locais simbólicas como Hackney (tamén en Londres) ou Norwich, unha cidade universitaria e progresista na costa leste inglesa.

Os avances en paralelo de Reform UK e dos Verdes a partir da desfeita electoral de Labour (e da rexionalización en curso do Partido Conservador) revelan o que podería ser descrito como un momento pos-Labour na política británica. As repercusións desta nova “estrutura de sentimento” político apuntan en dúas direccións opostas.

Por unha banda, nun contexto en que a esquerda dentro do Laborismo foi descabezada, o Green Party tornouse no refuxio electoral dunha clase media urbana, cosmopolita e fortemente mobilizada derredor das cuestións medioambientais e da solidariedade con Palestina. Onde no pasado os Verdes terían sido vistos como un partido monotemático e marxinal, hoxe capitalizan o espazo deixado por un Labour dereitizado que purgou de malas maneiras a súa esquerda histórica. O feito de que Jeremy Corbyn —expulsado do partido e electo como independente—........

© El Salto