Aire fresco da RIA
Hai poucas semanas, na Fundación RIA, presentamos a conferencia «Santiago urbs, Compostela civitas», seguindo a historia construída da cidade nun percorrido peripatético desde o Pedroso ao amencer deica o Gaiás no solpor, ao paso da evolución do pensamento urbano. Queremos a nosa cidade e levamos anos pensando e publicando unha visión moderna e propositiva.
Comentamos por que, no proceso de reforma e conservación promovido desde o Concello na década de 1990, que se compartiu coa Administración do Estado e a Xunta de Galicia, decidimos mirar a experiencia de J. P. Kleihues en Berlín, que J. L. Dalda e Ánxel Viña traspuxeron a Santiago........
