Unha historia do noso tempo
Os meus avós viviron de alugueiro durante toda a súa vida. Alugueiro económico, en Pontevedra, ou o que hoxe nos parecería moi económico: apenas 350 pesetas ao mes. Setenta e oito escaleiras, sen ascensor. Pero alí estaban. O avó subía sacos de lascas de madeira dende a carpintería do señor Fontán, para prender a cociña económica, e nos viámolo dende o alto coma quen ve un xigante termando do mundo. Cando morreu, entrada a década dos anos 80, a avoa quedou soa e, ao final, acabamos levándoa a vivir connosco. Cerramos o piso, pero ela seguía pagando o alugueiro. Rompera unha cadeira e non podía seguir alí. Por máis que de cando en vez teimaba en querer volver a Pontevedra, sobre todo cando se enfadaba. «Alí........
