O tesouro das palabras
A universidade de Santiago de Compostela vén de honrar o profesor Antón Santamarina Fernández co Premio Luís Porteiro Garea, en recoñecemento á súa traxectoria académica a prol da lingua galega. Poucos aplausos tan merecidos. Honra para o profesor e honra para a institución que durante anos acolleu e animou o seu labor, e honra para os que gozamos do seu maxisterio nas aulas compostelás. Da súa man moitos fomos chegando non só ao coñecemento máis depurado da lingua, senón que, co seu traballo e o seu exemplo, sen exhibicionismos, instalado sempre na discreción, no método e na constancia, cunha lealdade inquebrantable ao idioma, que era tamén a herdanza dos seus avós nas terras de San Martiño de Suarna, na........
