Diante dun cadro de Luís Seoane
Lembro unha longa conversa co pintor, unha tarde, na súa casa coruñesa, falando da emigración. Aínda que el nacera en Bos Aires, os seus pais viñan das terras de Arca, en Arzúa, a súa nai sobre todo, e moi cedo o enviaron a Galicia para que o rapaz se escolarizase no país. Os emigrantes que podían enviaban daquela os fillos á terra, para que non perdesen as raíces, e o pai de Seoane algúns cartos fixera. O artista formouse en Santiago e iniciou algúns traballos de avogado na Coruña. Mais a guerra derramou todos os proxectos, os soños, as ilusións, e como tantos outros acabou tomando o camiño do exilio, no seu caso por Portugal. Era un privilexiado. Así se sentía. Pero tiña consciencia e........
